luns, 4 de maio de 2015

PLANTACIÓN VERTICAL. BOTELLÓN DE CORES NO LATERAL DO INVERNADOIRO...

Ainda que pensado máis para un horto urbano ou para aproveitar máis o espazo, Clara explicounos e axudounos a montar todo un lateral do invernadoiro por módulos de plantación vertical.



O primeiro paso é a busca duns maceteiros, preferiblemente reciclados. Nós eleximos botellas de plástico. Buscamos botellas de plástico duro, como as da auga de Cabreiroá.

A idea era darlle un toque artístico, creativo así que buscamos unha pintura á auga, tendo conta do medioambiente, e pensada para que poideran pintar os rapaces e rapazas. Cor, cor...as cores do Parchís, que veñen a ser as cores do xogo das mazás, agasallo de Clara: amarelo, verde, azul, vermello...e tamén blanco.
Queredes saber como foi todo o proceso de plantación desde a preparación das botellas?


Probamos primeiro algún mestre. Houbo que darlle primeiro unha imprimación para que o plástico collese logo ben a pintura.
Quedaban monas!

O alumnado de 5º curso, na súa clase de artística, axudaron a darlle cor ás botellas.





A que quedan divinas?




Pois, agora queda montar cada un dos módulos. Necesitamos cordón ou fío de algodón e unhas arandelas que aguantarán das botellas. A montaxe e sinxela máis necesítase unha boa man de paciencia.



Uns furadiños na botella. Antonio e Mari co taladro. Uns furadiños que logo se farían cativos á hora de meter o fío. Non importa, agrandamos o furado!







Atención á explicación para saber facelo ben. Aproveitamos a armazón ou estructura do invernadoiro, de onde colgar os módulos.

Probamos maneiras ata encontrar unha que nos convencera.

Día de moita calor. Comportas abertas e algunhas queixas. Non había quen parara baixo os plásticos do invernadoiro!

Cenorios de 3º, capitaneados pola súa titora Ana Blanco
 atentos a como enfiar as arandelas e as botellas.























O primeiro módulo que se colgou foi o verde, o do xardín aromático ao fondo á dereita, na esquina do invernadoiro.
Aproveitando os sobres de sementes que tiñamos plantamos: menta, ourego, salvia, alfabeca e perexil.

Logo montamos outro módulo. Amarelo, para plantar chícharos, alcachofa e leituga.

A plantación é ben sinxeliña. Unha vez colocadas dereitiñas as botellas ...enchémolas da mistura de turba con perlita. Deixamos un dedo, sen encher a botella de todo. Con un carabulliño facemos un furadiño onde meter a semente. Botamos outro pouquiño de turba para cubrir a semente. Prensamos e damos un primeiro rego.


 Karen quere plantar menta!


 E Marta chícharos!





Ollo, agora sabemos que as plantas aromáticas tardan en saír. Non nos precipitemos e reguemos de máis. Podemos afogar a semente. Non queremos que nos pase iso desta volta! Así que agardamos con paciencia. Vailles levar un tempiño...


Xa imos polo terceiro módulo.

Á plantación vertical apuntouse tamén Sara Díaz, de 4º... Alcachofa!




 Coa axuda dun carabulliño, fai buraco para meter a semente.


Esta rapaza axiña se anima e sementa...
É a primeira do grupo de 4º que probou a plantar. Hoxe xa acabou o período lectivo e o alumnado foise xa para a casa. Seguiremos outro día coa plantación vertical, 3º e 4º curso. Amorodos!

Estamos desexando colocar xa os módulos destinados á plantación de ...amorodos. Ummm
Botellas vermellas, quedaríanlles que nin pintadas.

Os amorodos habémolos plantar coas plantiñas. Para a próxima.
Onde mercaremos as plantiñas? Pois...onde mercamos todo o suministro e todas as necesidades para o campo e para a horta. No Agricentro! O Centro do Agro.

Nós temolo fácil, preto do cole, xa só na recta de Magazos temos varias opcións. A nosa preferida é O Agricentro Da Costa. Encántanos ata a simpática publicidade na radio, acompañada do "Sementar, sementareeii..."



Pois, esperemos o próximo día poder plantar...moitos amorodos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario