martes, 5 de maio de 2015

OS PLANTADORES DE PATACAS!

Dentro e fóra ...moito pode dar a terra!
Grazas unha vez máis a Pepe Casas , temos tamén preparada unha boa zona fóra , na entrada do invernadoiro. Fresado e listo para plantar.





Grazas, Pepe! Agora non temos excusa para non plantar fóra!

Luís trouxo unhas patacas da semente que quixo plantar co seu alumnado. Aproveitando o esterco acumulado na composteira, fíxose cun grupiño xeitoso de plantadores de patacas.
Queredes ver cómo fixeron? Pois...

Gabriel, unha vez aberta a composteira caseira, colleu unha booa carretilla de esterco para que as pataquiñas vaian ben abonadas.



 Hai que facer os regos, botar o esterco,...



Canto espazo deixar entre unha pataca e a outra? Cómo medimos?
Pois,...máis ou menos o pé de Gabriel!

No caravelo, as patacas. Elas ían poñendo as patacas coas raices cara arriba.





O propio Gabriel tapa a semente co sacho. As compañeiras tíranlle a foto!


Seguinte rego...








Diego co esterco e Gabriela e Diana preparadas para colocar as pataquiñas, co caravelo na man.
Moito traballiño. Todos e todas sudando, pero tamén disfrutando!




Empregando a mesma medida de distancia que no primeiro rego!




Repetimos a operación...





E vai feito e estercado o terceiro rego. Máis patacas, mozas do caravelo!


E ben, as patacas quedan postas. Este día si que ganaron a comida. Ben feito! Toca esperar...non moito...

Pois, mirade que puidemos ver en dúas semaniñas ou así...cando nos demos conta...




As plantiñas das patacas, foron saíndo neses tres regos traballados!

Ningún comentario:

Publicar un comentario