martes, 5 de maio de 2015

MOITO QUEDA POR FACER, DENTRO TAMÉN!

Non se acabaron as tardes de traballo dentro do invernadoiro, non fixeron máis que comezar. Pois, hai moito traballiño que facer, entre quitar herbiñas, cavar arredor das plantacións, transplantar da sementeira as leituguiñas, o seguimento dos cultivos,  regar cando sexa necesario,seguir plantando,...

Os Cenorios de 3º repartense os traballos, con axuda de Clara.


 Estas leitugas hai que transplantalas xa ou pasaranse! Hai de sobra como para levar e plantar na casa quen queira.

Todos temos traballiño. Repartímonos nesta tarde de abril.



 Quitando herbiñas da sementeira...


 Quen distingue o apio dos tréboles? Moito ollo, Marta!


Alberto e Alejandro poida que o teñan máis doado...ou non. Ollo con arrancar o cebolín, ide con delicadeza.
Marco e Rodri son os encargados de extraer con moito coidadiño as leitugas, sen dañar as raíces. Colócanas sobre papel de xornal, por si se han de repartir e levar para plantar na casa...


O traballo está organizado...cada un ao seu, tranquiliños...




 Karen encontrou un sachiño á súa medida...

 Marco cava arredor dos repolos


Marta é a encargada de cavar e quitar as herbiñas arredor dos pementos e das coles.


Rodri segue o traballo de Karen e sacha onde estaban os raviños. Poida que coa intención de sementar a segunda tanda deles.


Tamén é necesario quitarlle as herbiñas arredor das acelgas e moverlles un pouco a terra.


Pero xa están transplantadas as leitugas? Eles proban a manipular con moito xeito as leituguiñas, sen dañar as raíces. A poñer e a quitar, pero con coidadiño. Aprendendo, que diso se trata.


Decídese botar man de algún de 4º , que están na clase de Educación Física.



Samuel sacha para preparar ben o terreo. Hai cambio de planes en relación á distribución das leitugas.



Gabriel carga a pedra sacada da terra coa pala á carretilla.


Miguel continúa o traballo empezado por Marta, mimando as coles.


 Aparece o mestre Marcial e...poñémolo a darlle ao sacho!


Hai que ver que xeito lle da! Ten ritmo, é o de Música!


Clara anuncia e amosa: -Hoxe imos plantar xudías e tamén poñeremos as estacas coa rede, para preparar o tutorado das fabas, que plantaremos para a próxima.

Axudantes: Gabriel e Diego.




Poñedores de estacas en acción... Moita técnica...


 Ben chantadiña e a regar...


 Agora vós!


 Iso é! Aprendistedes axiña!




A rede. Clara comproba  se valerá para tutorar as fabas.


Plantadas e regadas as xudías!


Tamén transplantadas as leitugas. A ver se sobreviven a estes días de tanta calor.
 Ollo con regar polas follas, que se cocen! Mellor regar arredor.


Así queda o invernadoiro dentro, por hoxe!

Algunhas novidades que nos fixeron ilusión, por exemplo a planta dos chícharos que da gusto ver como medra cada vez...



E as espinacas, que plantamos en dúas das botellas de abaixo e xa van tendo brotes para unha ensalada!



De todos os cultivos imos tendo un rexistro fotográfico, para comprobar como medran.
É unha ilusión grandísima cando vemos os beneficios do traballiño feito!
Isto marcha e marcha ben, seguimos!


Menos mal que temos boa ferramenta, adaptada a mans pequenas ainda que traballadoras!



Seguiremos traballando e coa ferramenta na man, que ainda queda moito por facer!

Ningún comentario:

Publicar un comentario