martes, 8 de marzo de 2016

MURAL MEMORIA DO GALDONATURA 2014/2015

A NOSA MEMORIA DO GALDONATURA

Fixemos unha grande labor de síntese para condensar o que foi o traballo do Proxecto Voz Natura durante o curso 2014/2015.

O resultado plasmámolo nun fermoso mural, unha verdadeira artistada, que nos levou moito tempo, moito esforzo e moito traballo (tanto para facelo como para empaquetalo para mandar). Trátase dunha ruta guiada sobre o desenvolvemento do traballo feito. Inclúe o código QR para poder ir desde o mural ao blog.



Clarísimamente, no centro está o representativo invernadoiro, o traballo dentro e fóra, a plantación horizontal pero tamén a vertical, coas coloridas botellas das cores do parchís. Os obradoiros de Clara, a composteira con palés  e o desenlace dos productos na cociña do colexio...
Todo coidadosamente representado, como foron todas esas tardes didácticas de aprendizaxe significativo.



Como xurdiu a idea deste Proxecto...  e  os Obradoiros de Clara.



O arranxo dos plásticos e a plantación dentro e fóra do invernadero.
Os plantadores de patacas...




As alegres botellas de cores, portadoras de aromáticas, amorodos, chícharos, espinacas...



Do horto á mesa...os ravos, as leitugas e o repolo dentro do menú escolar.

É o mesmo mural que está, recuperado, na entrada do noso colexio.
A nosa Memoria é o mural e máis este blog! Testigos gráficos do desenvolvemento do traballo feito, de Invernadoiro e Horto ecolóxico. Accesible sempre. Tamén hai a posibilidade de convertir o blog en libro e así ter unha memoria impresa. Sería un bo agasallo para o alumnado.

A Memoria tamén está nos participantes do Proxecto, un proxecto para lembrar sempre e non esquecer nunca.

Gracias, Mari Pernas polo retoque artístico do Mural. Pois, non sendo membro do Equipo, sempre se mostrou disposta a botar unha e dúas máns, para o que fixera falta. Convertindo ideas e bosquexos nun acabado propio dunha obra de arte. Arte tamén para embalalo coidadosamente.
Ermi Orol e Mari Pernas, autoras deste resumo-Memoria tan visual e orixinal.



mércores, 6 de maio de 2015

AGRADECEMENTOS!

A VOZNATURA, desde logo, que foi o arranque coa súa convocatoria dirixida aos Proxectos de Horto Escolar Ecolóxico.



A os seus coordinadores e responsables, do Proxecto Voz Natura, a súa páxina e o  Blog maestro , coa posibilidade de facer unha comunidade de escolas con proxecto de Horto!

Grazas pola paciencia demostrada ante as nosas dificultades, atrasos e atrancos!


Grazas ao financiamento económico, que foi fundamental para cubrir as prioridades e dar o primeiro empuxe para empezar. Non poderiamos facer fronte aos gastos dos Plásticos do Invernadoiro e ás grapas de inox. O xusto para comezar!

FUNDACIÓN ALCOA E FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LA TORRE.




 Grazas a CLARA, Super-Clara,! a nosa científica favorita que cada venres a partir de Xaneiro  e de modo desinteresado e voluntario nos iluminou no camiño de poñer en marcha o noso horto, dentro e fóra do invernadoiro! Sen a súa inestimable axuda...non sería posible!


Á udc-Bigbang, por querer divulgar a Ciencia entre escolares, da cidade, da vila e tamén da aldea!


Grazas á familia de Clara Pardiño por enriquecer o noso Proxecto, sempre apoiando. O agasallo do semilleiro, sabiduría, terra e  algunhas sementes para comezar...


Grazas ao ofrecemento ,  disposición e á colaboración directa das familias do noso cole, en especial á familia Casas Sánchez : Pepe, Reyes e Hugo.
Arar, fresar, poñer os plásticos e guiarnos con bos consellos e experiencia!


A mesma disposición e colaboración moi activa do  noso conserxe Antonio Díaz, sempre disposto, arrimando o ombreiro, sachando, regando,sempre atento....Foi o que primeiro colleu o sacho e sen dubidar deu o primeiro paso para quitar os plásticos rotos do vello invernadoiro.


Ao Agricentro Da Costa, polas xestións, o trato  e o agasallo de algunhas sementes e plantiñas de amorodos.



Aos grupos de alumnado protagonistas ( Cenorias de 3º curso e  Berzas e Patatos de 4º)  e ás súas mestras e mestres, que os acompañaron no proceso, cederon clases e cederon o seu  tempo implicánonse no Proxecto dentro e fóra das súas aulas. 
Ana Blanco, Luís, Rebeca, ConchitaErmi...






Grazas tamén ao demáis alumnado e a outros mestres que, ainda que non foran protagonistas directos uníronse ao Proxecto nas súas aulas e participaron con achegas, animáronnos a seguir , a continuar para os cursos vindeiros. Tamén aprenderon e escoitaron a Voz da Natura e da terra. Diso se trataba,non?

Grazas aos que anos antes o fixeron, aqueles que levantaron a estructura do invernadoiro e dedicaron tempo á horta e aos Proxectos VozNatura: Plantas aromáticas, plantacións de árbores...
Conserxes Luis e Juan, mestras Lola , Libia, Laura, e demáis. Grazas aos mestres que o viviron e puideron falar do pasado, facilitaron documentos, planos e proxectos antes feitos. Iso foi unha moi grande axuda para arrancar de novo desde as súas pegadas!

Á Comunidade Educativa en xeral, familias, cociñeiras e todas as persoas que dunha maneira ou outra axudaron a facer posible este fermoso Proxecto.


A toda  a  xente que fixo posible un  blog cada vez máis visitado,  que nos seguiron e  que deixaron os seus alentadores e importantes comentarios. Grazas á familia de Yago Cerdeira!

Grazas a todos e todas, de corazón! Por sementar ideas para recoller futuros. Futuros verdes, de esperanza e cada vez máis ecolóxicos!

A coordinadora do Proxecto, a mesma que escribe, a mestra Ermi Orol...está eternamente agradecida e moi orgullosa  deste Proxecto que xerminou e xermolou ata empezar a ver moitos froitos no presente e no futuro.

 Con vontade e dedicación, ainda non tendo moita idea previa de Horto nin de uso de blogs, pódese sementar, facer sementeira...para logo transplantar e ter un proveitoso futuro, rico de cultivos variados. Aprendizaxes significativas dentro e fóra da clase e no día a día das nosas vidas!

Sentindo e aprendendo con todos e cada un de  vós! Iso sí que é un bo comezo!
É... o noso Proxecto!
GRAZAS!

martes, 5 de maio de 2015

A POLA ETIQUETA ECO! ECO- HORTO ESCOLAR!

Pois sí,
Este ano foi o arranque de motores, o arranque do horto.
Ainda non estabamos nin estamos moi duchos na agricultura e no cultivo tradicional . Tivemos sorte que as cousiñas foron medrando sen problemas, na terra. Non o fixemos nada mal para sermos novatos e novatas do sacho e da terriña.
Agora ,parece que os bichiños correron a voz de que no noso horto hai cousiñas ricas... e xa empezamos a ter algo de problema porque vemos que caracois, babosas e outra bichería queren aproveitarse dos cultivos da nosa horta.

Ainda que os nosos maiores non o crean, debemos convencelos de que hai medios orgánicos e máis naturais para combatir plagas. Tamén hai medios orgánicos para abonar os cultivos.

A tarefa pendiente:

  • Mellorar a composteira caseira logo das indicacións de Clara.
  • Fabricar unha vermicomposteira de moi baixo custo, con materiais recicables (Video de La Huertina De Toni) Uns videos que ninguén se debería perder. Sobre horta ecolóxica.No Youtube!
  • Probar a facer humus de miñoca, xa que andamos sobrados delas, nesta terra...
  • Probar tamén métodos caseiros para combatir os caracois con cervexa , con Purín de ortiga e outros remedios aprendidos de Toni.
Compost, humus, esterco, métodos caseiros...todo iso temos que poñer a proba!
Máis san e máis natural, ademais de respetuoso co Medio Ambiente.Se queremos que o noso horto sexa cada vez máis ecolóxico, claro!

Melloramos en sabor, aroma e saúde.
Convenceremos aos nosos maiores de que é máis rentable e sostible!
Extenderemos a práctica dun horto ecolóxico ás nosas casas, as nosas familias e ás nosas hortas particulares.
Gañamos todos e todas. Disfrutamos e aprendemos, en familia, e colaborando as distintas xeracións.
Aprendendo os pequenos dos grandes e tamén os grandes dos pequenos. Colaborando moi estreitamente coa escola e coa vida real máis alá dos libros.
Saboreando, disfrutando...
Sementando ideas para recoller futuro. Nesas estamos!

INVERNADOIRO, INSPIRA CREACIÓNS ARTÍSTICAS! A VOZ DA NATURA CHEGOUNOS A TODO O CENTRO!

Si é que todos nos volvemos tolos e tolas co Proxecto, co Invernadoiro e co Horto. O Galdonatura somos todas as persoas que escoitamos a Voz da Natura, no noso centro!

A curiosidade, o recoñecemento de algo tan valioso e importante...fixo que o novo invernadoiro tivera moitas visitas durante este novo rexurdir: alumnado de todos os cursos, distintos mestres ainda que non estiveran directamente relacionados co Proxecto, cociñeiras, pais, familias,...Gústalles e celébrano!

A mestra Conchita  adornou a porta da súa clase homenaxeando ao invernadoiro, unha simpática escena collage onde os protagonistas son os propios do Proxecto Voznatura, coas fotos dos nenos e nenas de 3º e 4º curso en acción.



Á mestra Luisa, gustoulle moito a plantación vertical en botellas de cores e montou un módulo de amorodos na aula de 4 anos, de infantil, moi preto da porta do patio, para que papen horiñas de luz necesaria para que as plantiñas boten o seu froito. Os nenos e nenas...encantados! Plantadores de castaños e castiñeiros e agora, de amorodos!




ENTÓN...QUE CULTIVOS TEMOS, DENTRO E FÓRA? NO HORTO ESCOLAR.




DENTRO DO INVERNADOIRO...De esquerda a dereita...
Nada mais entrar, do lado esquerdo temos AS XUDÍAS. Están pendientes de plantar as fabas. Xa temos a rede! Plantámolas agora en maio...



A sementeira, que foi o primeiro paso que demos dentro do invernadoiro.
Deu moito traballiño ir retirando as herbiñas, separando do cultivo que interesaba.




MOITO QUEDA POR FACER, DENTRO TAMÉN!

Non se acabaron as tardes de traballo dentro do invernadoiro, non fixeron máis que comezar. Pois, hai moito traballiño que facer, entre quitar herbiñas, cavar arredor das plantacións, transplantar da sementeira as leituguiñas, o seguimento dos cultivos,  regar cando sexa necesario,seguir plantando,...

Os Cenorios de 3º repartense os traballos, con axuda de Clara.


 Estas leitugas hai que transplantalas xa ou pasaranse! Hai de sobra como para levar e plantar na casa quen queira.

Todos temos traballiño. Repartímonos nesta tarde de abril.

POIS PARECE RENTABLE PLANTAR FÓRA!TEMPO DE HORTAS!

Visto que temos unha boa zona preparada para plantar e logo da plantación das patacas, animámonos a plantar tamén tomates, tomates pera. Transpantamos desde os testos de dentro do invernadoiro onde fixemos a sementeira e puxemos algunha ringleira de plantas fóra!





Para completar, tamén nos animamos a facer sementeira fóra: leitugas e espinacas!





Pois, sí, parece que logo duns días, algo asoma...ou non?




Debe ser a primavera, e a enerxía do sol! A plantar, a cavar e a coidar o futuro alimento que sae de sementar!