luns, 4 de maio de 2015

AO MESMO TEMPO DOS AMORODOS. NA TERRA DO INVERNADOIRO

O grupo de 4º prepárase para unha tarde de traballo no invernadoiro.


 Tamén observan a sementeira, as dúas zonas de raviños. Nico indica un raviño que xurde fóra da sementeira.


 Parece que o apio comeza a asomar.


 Clara explica o traballo que comezaron os de terceiro e que vai a continuar cuarto, en relación á plantación vertical. E comeza a acción. Queredes saber como foi esa tarde?


Preparar novas zonas de plantación, quitar herbiñas, completar a plantación vertical,...


Nico, co sacho, comeza a preparar a seguinte zona de plantación. Mentres, Diana e Yago quitan herbiñas para deixar ver como medran as cenorias.


 Dous grandes sachadores, Samu e Nico que se reparten a terra a traballar.



O cebolín! A idea é plantalo hoxe...para iso hai que preparar a terra.



 Bruno e Samu sachan no sitio que imos poñer as xudías e máis as fabas.



 Juan, co enciño,  alisa a zona central onde irá o cebolín e máis o repolo!


Anxo axuda a sachar e preparar a terra .




 Traballando e quitando herbiñas, xurde o momento miñoca!



 Clara aproveita para explicar o visto no Obradoiro adicado aos bichos.


Que ben o pasamos ainda que nos enfoumemos as mans coa turba!

Voluntarios e voluntarias para plantar o cebolín?



 Atentos e atentas ao proceso para obter boas cebolas!

Vaia, a cámara coa batería esgotada non pode seguir rexistrando o traballo desta xornada. Haberá que esperar á seguinte tarde de traballiño!

Ningún comentario:

Publicar un comentario