martes, 5 de maio de 2015

POIS PARECE RENTABLE PLANTAR FÓRA!TEMPO DE HORTAS!

Visto que temos unha boa zona preparada para plantar e logo da plantación das patacas, animámonos a plantar tamén tomates, tomates pera. Transpantamos desde os testos de dentro do invernadoiro onde fixemos a sementeira e puxemos algunha ringleira de plantas fóra!





Para completar, tamén nos animamos a facer sementeira fóra: leitugas e espinacas!





Pois, sí, parece que logo duns días, algo asoma...ou non?




Debe ser a primavera, e a enerxía do sol! A plantar, a cavar e a coidar o futuro alimento que sae de sementar!

2 comentarios:

  1. Increíble todo o traballo feito durante estes días, case non nos da tempo de poder asimilar todas as cousas que vades mostrando. Temos que facer un archivo especial para gardar todas as entradas deste blog. Moi colorido o "botellero" e cada vez mais usual o "momento miñoca".
    Grazas e ánimo, é un proxecto precioso.

    ResponderEliminar
  2. Pois sí, a nós tamén nos costa moito asimilar tanto traballñiño e tanto material que organizar, seleccionar e preparar para ir contando un pouco cada xornada. Puff,non damos feito para contalo todo como queremos, así que cando podemos, sempre con algo de retraso, imos deixando pegada do feito. Grazas ás familias que valorades este proxecto, colaborades e deixades que os fillos e fillas se enfoucen e aprendan ao mesmo tempo.

    ResponderEliminar