domingo, 26 de abril de 2015

QUE PLANTEN OS NENOS E NENAS! HORIZONTAL NO INVERNADOIRO.




Unha vez que temos claro o modo de proceder...visitamos as clases de 3º e 4º para explicarlles antes de velo in situ.

  1. Croquis do invernadoiro.
  2.  Planificación dos cultivos.
  3.  Que hai sementado e cal vai a ser o seguinte paso na sementeira.


Plantan os nenos e nenas seguindo todo o proceso: limpar a zona de felgos e maleza, sachar, alisar co enciño e quitar as pedras,poñer os bordos con carabullos e fío de algodón,  botar e esparcir as sementes, tapar as sementes co enciño en dous movementos diferentes, regar,...Combinar os cultivos....

Queredes ver cómo foi todo o proceso?




Croquis inicial na pizarra. Planificación e explicación da plantación.


4º, mans á obra! Saben do proceso e aplican o que saben...



 Preparan a terra, sacho e enciño....e a quitar nas pedras!









 Cos carabullos e os fíos, marcamos o territorio.




 Sementamos, dentro do espazo acotado.

Co enciño imos tapando as sementes... Dous movementos!



É importante regar!

Sairán os raviños e máis os apios? Temos que agardar...

Pois sí, desta volta non deu tempo a máis...queda terra preparada para a próxima. E o proceso quedou clariño. Xa somos plantadores e plantadoras de sementes. 
 Habemos plantar...outras cousas.... dende o trasplante, Cebolín ou Repolo. ..
Tamén Allo porro! Podemos facer sementeira e practicar o aprendido na clase de hoxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario