martes, 30 de decembro de 2014

SOBRE ARTE E RECICLAXE

Dende a materia de Artística valórase moito as propostas e creacións moi vencelladas á Natureza. Non fan falta materiais moi modernos e custosos para facer unhas boas artistadas!

Un dos criterios de valoración en Artística, ten que ver co respecto ao Medioambiente, o aforro e a reciclaxe e reutilización de materiais nos procesos creativos.

O cartón, máis fino ou máis largo pode estar...nos envases de productos de alimentación que temos pola casa!Os envases de plástico duro, tamén poder ser  moi aproveitables, trociños de tea ou de papel de agasallo... E...papel de Xornal, que nos serve, entre outras cousas para poñer sobre a mesa cando sexa hora de "pringarnos". Ímos facéndonos con algo deste material reutilizable!

Con elementos naturais que atopamos nas nosas casas ou na nosa contorna podemos crear, reutilizar e dar novos significados, ofrecendo respecto e tributo á Natureza e ao Medioambiente.

En tempo de Outono...que cousiñas cucas podemos facer coas follas caídas das árbores?

Algunhas das  propostas do alumnado de Infantil ...Follaxe animal, orientados pola mestra Pilar.




O alumnado de 6º curso remexeu pola casa, entre legumes, pastas e demáis para ofrecer unha imaxe do Outono con texturas...



Seguimos?


SAÍDA AOS COGUMELOS

Para a saída ás setas contamos coa dirección do micólogo Jose Juan, alias JJ.
Antes de saír, tivemos unha charla sobre os cogumelos. Que son? Como son? Qué cogumelos son comestibles e con cales temos que ter moita atención! Como recoñecemos os cogomelos que podemos coller e cales poden resultar sospeitosos...




Un ameno JJ, entre charla, presentación e pequenos videos, adentrounos no Reino dos Fungos, no terceiro reino de seres vivos que estudamos na clase de Naturales.
Tamén nos falou das boas prácticas á hora de recoller cogomelos.

Agora sabemos que os cogomelos non se arrancan, córtanse con coidado. Pois se arrancamos é coma se arrancasemos unha maciñeira por querer coller unha mazá!


luns, 29 de decembro de 2014

SAÍDA ÁS CASTAÑAS

Neste mes de Outono, mes de recolección, tivemos varias saídas.
A primeira saída, foi para buscar castañas. Ainda que dentro do recinto escolar temos castiñeiros, e o mes de outubro xogamos a recoller castañas, no mes de novembro, cara á festa do Magosto preparamos a saída...aos Castiñeiros de Puri, en Magazos. As castañas que alí recollemos son as que pasan polo forno e o día da degustación, no Magosto, ásansa e cómense quentiñas...



Botas, roupa de abrigo e cestos para carrexar as castañas...




Aínda se recolleron ben delas! Chegarán para todos e todas?

O Magosto, a festa da castaña, celebrámolo dende a recollida deste froito.
Así conta e ilustra a recollida da castaña Saúl Prado no seu Obradoiro de Escritura en Lingua Castelá.


SALIDA A LAS CASTAÑAS

El lunes día 10 de noviembre por la tarde ,los niños y niñas de 1º, 2º y 3º , acompañados de las profesoras Cristina, Laura ,Ana y Conchita. También fue Olga. Fuimos a Magazos al castañal de Puri. Llegamos allí en autobús. Llevamos botas y cestos. Cogimos muchas castañas.
Ahora los profes, con cuchillos, tendrán que prepararlas para asar, quitándoles una esquinita para que no estallen en el momento de asarlas.
¡Ya tenemos castañas para la fiesta del Magosto!






Voluntarios para preparar as castañas de xeito que non rebenten no momento de asar!

Director e conserxe, os menos sobrados de tempo...dando exemplo!

MEDRA PARA ARRIBA E TAMÉN MEDRA PARA ABAIXO

Clara Pardiño Orol , estudante do último curso de Bioloxía da Universidade da Coruña, ofreceuse a dar tres obradoiros no colexio de Galdo.

MEDRA PARA ARRIBA PERO TAMÉN MEDRA PARA ABAIXO!

O obxectivo é que os nenos e nenas aprendan dun xeito ameno e práctico as diferentes etapas dun cultivo. Observar os cambios que sofren as plantas dende a plantación á recolección.

1º OBRADOIRO. PLANTACIÓN

Explicación do proceso de xerminación .
Creación dun xerminador con caixas de ovos e plásticos transparentes.
Plantas que se cultivan en Galicia.
Explicación do proceso de xerminación con material audiovisual e propostas interactivas para os nenos e nenas.

2º OBRADOIRO. CAMBIOS

Explicación dos cambios que están a suceder nas plantas. Trasplante para permitir o crecemento das sementes xerminadas.
Das caixas de ovos cara á zona verde. Explantos.

3º OBRADOIRO. RECOLECCIÓN

Recolección. Que os nenos e nenas recoñezan as plantas que sementaron.
Material audiovisual para introducir ao alumnado nos cultivos típicos galegos.
Identificación de diferentes plantas.

Estes obradoiros teñen moi boa pinta, verdade?

A COMPOSTAXE

Pois... foi no blog maestro de Voznatura e nos diversos enlaces onde nos documentamos sobre a compostaxe. No primeiro proxecto que fixemos, na lista de gastos figuraba traer unha composteira... o orzamento aprobado fíxonos deixar a idea da  compostadora en segundo lugar...Pero...
Así que vimos a compostadora caseira con palés, nun artigo do blog, tivemos unha idea...
Pedímoslle a Ramón Hermida (propietario dunha  Planta de reciclaxe en Magazos, preto do colexio), uns cinco palés de madeira igualiños.

Montamos a nosa compostadora xunto do invernadoiro.


Que sabemos da compostaxe?

Nas clases estudamos as propostas de ADEGa e VOZNATURA.

O QUE SACAMOS EN CLARO...

Qué é a compostaxe?