martes, 5 de maio de 2015

ENTÓN...QUE CULTIVOS TEMOS, DENTRO E FÓRA? NO HORTO ESCOLAR.




DENTRO DO INVERNADOIRO...De esquerda a dereita...
Nada mais entrar, do lado esquerdo temos AS XUDÍAS. Están pendientes de plantar as fabas. Xa temos a rede! Plantámolas agora en maio...



A sementeira, que foi o primeiro paso que demos dentro do invernadoiro.
Deu moito traballiño ir retirando as herbiñas, separando do cultivo que interesaba.




CEBOLÍN/CEBOLA VERMELLA




LEITUGAS, xa vai coa segunda volta de sementeira dentro...

CENORIAS,


APIO e a segunda sementeira de RAVIÑOS!



CEBOLÍN a puntiño de dar ricas e brancas cebolas e uns fermosos e grandes REPOLOS.
Diante, a sementeira de ALLOS PORROS!




AMORODOS na terra...


ACELGAS que xa logo, se seguen a medrar así poderemos recoller unhas follas.


COLES, que tamén medraron ben as plantiñas.


PEMENTOS, de Padrón e Italianos, separadiños para que non lles salte o picante...




Máis PEMENTOS e TOMATES en distintos testos.

Sementeira de   "pepinillos de picoteo", dos pequeniños. Tamén REMOLACHA. Por iso estamos preparando o terreo plano de debaixo e diante das botellas de cores. Necesitan ser transplantados xa!



E...as LEITUGAS VERDES E RED, xa transplantadas!





En vertical, no lateral dereito e nas botellas de cores...

AROMÁTICAS, columna de botellas verdes con mentastro, alfabeca, ourego, salvia e perexil.






Medrando, na columna de botellas amarelas CHÍCHAROS e ALCACHOFA, que tamén necesitan ser transplantadas.




Nas botellas azuis, CEBOLÍN, que plantamos para probar, porque nos sobraron uns pequenos. Pero, parece que deu resultado.


5 columnas ou módulos de botellas de AMORODOS  plantadas por plantóns.







LEITUGAS RED e VERDES que imos transplantando...



XUDÍAS, xa que nos sobraron da plantación horizontal.




ESPINACAS,  tanto en planta como en sementeira nas botellas, que está saíndo. Xa puidemos coller follas de espinacas en tres ocasións.






FÓRA...

PATACAS,




TOMATES PERA,





  e sementeira de LEITUGAS e ESPINACAS.



Para comezar e arrancar co horto escolar dentro e fóra do invernadeiro non está nada mal, verdade?

Estas foron as nosas ideas, as nosas sementes e sentimos que xa estamos a recoller...moito futuro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario