domingo, 2 de novembro de 2014

NAS CLASES COAS PLANTAS E CO HORTO...

Mentras os nosos papás e mestres se amañan para colocar os plásticos do invernadoiro, nós traballamos nas clases sobre as plantas, o horto e a ecoloxía. Sabemos do Proxecto e sensibilizámonos co Medio Ambiente. Parece que imos aprender moito. Recolleremos futuro?




 Na páxina de Voz Natura e no seu blog maestro temos moitos recursos para traballar : manuais de hortos ecolóxicos escolares, de compostaxe, de que se traballa co horto escolar, por onde empezar,...

Así nos sensibilizamos e así nos documentamos. Sementamos dende as nosas aulas! E , unha vez informados, pasaremos á acción.

Sementar, sementaremos!

QUITAMOS PLÁSTICOS, QUENTAMOS MOTORES!


Antonio, o noso activo conserxe, xa non quixo esperar máis e sacho na man ,foi abrindo camiño para poder retirar os plásticos rotos do invernadoiro.






Despois de moitos días  de sacho, puidose espir o invernadoiro...





Comprobando o sistema de riego...


E os plásticos do interior, por se non valen para os amorodos...



Puff, o que houbo que sachar para quitar os plásticos!


                                                                     Será dificil poñelos?

VOZ NATURA 2014/2015




Ben certo é que...se queremos recoller futuro...haberá que sementar, e comezar xa!

A nosa idea..é. poñer a andar o invernadoiro con un pequeno horto ecolóxico dentro e fóra de este.