martes, 5 de maio de 2015

INVERNADOIRO, INSPIRA CREACIÓNS ARTÍSTICAS! A VOZ DA NATURA CHEGOUNOS A TODO O CENTRO!

Si é que todos nos volvemos tolos e tolas co Proxecto, co Invernadoiro e co Horto. O Galdonatura somos todas as persoas que escoitamos a Voz da Natura, no noso centro!

A curiosidade, o recoñecemento de algo tan valioso e importante...fixo que o novo invernadoiro tivera moitas visitas durante este novo rexurdir: alumnado de todos os cursos, distintos mestres ainda que non estiveran directamente relacionados co Proxecto, cociñeiras, pais, familias,...Gústalles e celébrano!

A mestra Conchita  adornou a porta da súa clase homenaxeando ao invernadoiro, unha simpática escena collage onde os protagonistas son os propios do Proxecto Voznatura, coas fotos dos nenos e nenas de 3º e 4º curso en acción.



Á mestra Luisa, gustoulle moito a plantación vertical en botellas de cores e montou un módulo de amorodos na aula de 4 anos, de infantil, moi preto da porta do patio, para que papen horiñas de luz necesaria para que as plantiñas boten o seu froito. Os nenos e nenas...encantados! Plantadores de castaños e castiñeiros e agora, de amorodos!




5º  curso, para apoiar o Proxecto, ademáis de pintar botellas, documentáronse para facer creativos debuxos, carteis e fichas sobre os cultivos plantados. Visitaron o invernadoiro nos recreos e quixeron facer algunha achega ao Proxecto.




 Un grupiño de  de emprendedores até empezaron a argallar unha maqueta do invernadoiro con alame, pauiños, plástico, plastilina verde e marrón,... Fixeron un bosquexo e estanlle dando forma...





Pois,ainda que os grupos protagonistas máis directos neste Proxecto de Voz Natura son 3º e 4º, o demáis alumnado colabora dun xeito ou outro.

Infantil e 1º ciclo tamén plantaron en varias ocasións este curso.Eles e elas ocúpanse máis do Xardín da entrada. Flores e árbores.
O 1º ciclo.(1º e 2º cursos)
Visitaron con curiosidade o Invernadoiro desexando coller relevo de protagonistas. Están en transición de xardín a horto...
Nas clases, estiveron moi atentos ás Presentacións sobre plantas e cultivos!
Aprenderon o vocabulario da horta e dos cultivos bilíngüe (galego/castelán), documentáronse e vanse introducindo pouco a pouco no mundo da etiqueta ECO.

Pois os padres de Adri, de 2º teñen unha EcoTenda en Viveiro! Panadaría e EcoTenda.
Adri ten unha irmá en 6º, Patricia,  que entrevistou aos seus pais para que contaran porqué decidiron poñer unha EcoTenda en Viveiro, porque ECO, que productos ecolóxicos vende, que demanda teñen,.. Nas clases, tamén observamos algúns destes productos e a súa correspondiente etiqueta.
Que diferencia viron entón entre os productos da horta tradicional e os ecolóxicos, ademáis da etiqueta e do prezo?
Algún notou moito máis aroma e ata máis sabor...será verdade?




A diferencia está...

no tratamento dos cultivos,sen productos químicos! Sendo moi respetuosos co Medio Ambiente, más saudables.
Por iso conservan mellor as propiedades, o aroma, o sabor,...
Sabiades que ata hai un código e etiqueta de Autoridade de Control, que certifica que ese producto provén da Agricultura Ecolóxica?

Que bo é saber que en Viveiro podemos mercar productos ecolóxicos! Lástima que sexan tan caros! Claro, se veñen de Segovia, ou do quinto pino...tampouco resultará moi sostible que digamos,non?

Vai ser mellor que nos poñamos nós a producir, desde o cole e desde os coles da zona.
A que sería estupendo?!


1 comentario: