luns, 4 de maio de 2015

SEGUIMOS AVANZANDO DENTRO DO INVERNADOIRO!

Como nos gusta o sacho! E que interesantes son as tardes de horto, sentindo, traballando e aprendendo moito! Con Clara, ainda nos gusta máis o traballo da terra e a Ciencia en xeral.


Onde quedáramos a última xornada de traballo?
A pesares de que a cámara non chegou a rexistralo no seu día, plantouse o cebolín e tamén os repolos. Yago puido seguir o traballiño fóra do período lectivo, mentres seus pais estaban na tutoría, el quedou a acabar o traballo empezado cos compañeiros.




Agora comtempla a plantación!

Este día tamén baixou ao invernadoiro Luis...


Outra tarde na terra. Queredes saber como foi?


Desta volta fíxose a sementeira de allo porro e seguiuse a preparar máis zona de invernadoiro.




Iso é, preparar o terreo e delimitalo cuns carabullos e o cordel, para saber onde imos botar a semente!



A semente de allo porro.

Mentres, prepárase outra zona, a das xudías e fabas...




 Preparados e preparadas coa semente na man...lembramos como botar a semente...




 Sementeira a varias mans!









Logo de botar a semente, toca pasar lixeiriño o enciño aos dous sentidos, para enterrar a semente.





Menos mal que atopamos ferramenta máis pequena, máis da nosa medida!


1 comentario: