martes, 5 de maio de 2015

RAVIÑOS. MONOGRÁFICO

Xa vimos que os raviños eran uns campións na sementeira. Medraron moi axiña!



Así se convertiron nun dos nosos preferidos cultivos. Tamén motivaron moitas dos nosos ditados e redacións nas aulas: cómo se plantan, usos culinarios,...

Adicamos este espazo ao primeiro dos cultivos que puidemos recoller e...levar á cociña e á boca...
Imos ver o desenvolvemento...



 Xa despuntaban na sementeira. A leituga tamén, a nada de transplantar pero os raviños...xa estarán?


Clara explica que son raviños, dos que medran axiña, en vinte días! A parte vermella queda máis arriba. Teñen unha parte branca, a que queda enterrada e non percibe luz, por iso queda branca!

Ollo algúns ilustradores de libros infantís, que ás veces pintan os raviños ao revés, coa parte branca cara arriba, co verde e a parte vermella cara abaixo.
Agora sabemos como son en realidade! Non coñeciamos esta verdura, só en debuxos.

Ben, parece ser que hai uns cantos raviños que recoller, comunicámosllelo aos recolleitadores e recolleitadoras...


 Dennís non dubidou en ir pedir prestados algúns caldeiros a Infantil!



 Ollo, non todos os raviños están como para recollelos. Atentos e atentas ás indicacións de Clara. Cales recoller en caso de dúbida?




 Comezamos a meter no caldeiro!






Collemos un bo ramillete .E ainda deixamos un par de días que sigan medrando...



 Lavamos ben e...comprobamos o xénero...por se hai dúbida da súa comestibilidade!


Ñam, ñam...

Segundo día de recolleita, os ravos que quedaban están fermosos...



Baixan algúns de 4º a facer recolleita.



No primeiro que reparan son nos amorodos que comezan a estar para comelos, con ese color vermello intenso. Logo, céntranse nos raviños...




Tamén recollen na segunda zona que plantaron.




Reconto, lavado e...a fardar e a explicarse na clase!



Falando dos posibles usos: en ensalada, en brochetas, acompañamento ou crema para acompañar as carnes.
E se llo levamos ás cociñeiras para darlle uso real?


 Gabriela consulta con Luis a idea de levar os raviños á cociña...



As cociñeiras recibiron os raviños de bo grado. Decidiron metelos na cámara frigorífica para facer un día na ensalada.
Saberalles os raviños a uns nenos e nenas pouco acostumbrados ao sabor da horta...e a comer as verduriñas e hortalizas ben lavadiñas pero crudas?
Haberá que preguntarlle a eles e elas!

O caso e que moita xente preguntou...polas sementes, onde conseguilas. Nós, fixemos outra sementeira que logo ha de dar o seu froito!


Ningún comentario:

Publicar un comentario