sábado, 3 de xaneiro de 2015

MAIS ARTE, MÁIS ECOLOXÍA. LIBROS E ENLACES SOBRE RECICLAXE.


Algúns libros que nos gustaron e cos que traballamos nas clases...



Destacamos o poema e canción Ecoloxista incluido no libro disco Toc Toc, de Pablo Díaz.


ECOLOXISTA

De maior quero ser ecoloxista,
e teño unha lista de cousas por facer.

Limpar as rías que están contaminadas,
limpar os ríos que están moito peor,
limpar os montes para que non haxa incendios,
o medio ambiente estará moito mellor.

De maior quero ser ecoloxista,
e teño unha lista de cousas por facer.

Reciclaremos e utilizaremos,
hai moitas cousas que podemos facer:
aforrar auga, electricidade,
pois non queremos máis contaminación.

De maior quero ser ecoloxista,
e teño unha lista de cousas para facer.


Ainda que...por que esperar a ser maior? O mundo non pode esperar, precisa de ecoloxistas , de pequenos ecoloxistas!

POIS, COMEZAMOS POLO XARDÍN!

Xa que o alumnado, desde o máis menudo quere plantar, a mestra Ana Blanco encargou uns bulbos de tulipáns e dispúxose a preparar o xardín triangular da entrada para que a nosa xente menuda aprenda da experiencia de plantar.


Por que tulipáns?

Os Tulipáns aguantan ben o frío do inverno, e logo en marzo anuncian a primavera.
De bulbo a flor, nuns meses, os de máis frío.

Boa idea! Ana Blanco, sempre pendente dun  xardín fermoso á entrada do colexio!

Quen planta? 

Sempre os máis pequenos. Infantil, 1º e 2º curso de Primaria. A partir de 3º xa se pretende que planten pero no horto e no invernadoiro.
É unha maneira de irmos preparándonos e de dar continuidade ás aprendizaxes.

Cómo é o proceso?




Capturas da nosa revista escolar Como cho conto!







Daniela Iglesias, alumna nova este curso, atentísima ao que di a mestra Ana e ao que fai Gabriel!

E...QUE SABEMOS DOS PLÁSTICOS DO INVERNADOIRO?

Imos un pouco atrasados coa tarefa pero tampouco a climatoloxía nos daba tregua: chove que chove e chove que chove...
Mentres, planos do invernadoiro na man, consultando e tendo en conta o plástico que se quitou, encargamos  o novo plástico.

Algúns pais ofrecéronse voluntarios para, en canto chegara o plástico encargado, poñelo e tensalo.
O plástico, ao fin, chegou e...como nunca choveu que non escampara...logo de pospoñelo en dúas ocasión, un martes de mañá..

A maquinaria de Pepe Casas, o pai de Hugo Casas de 4º apareceu no recinto do colexio e atrás, dobradiño viña o plástico.

Pepe Casas dirixe a operación pero necesita man de obra forte , un equipo para tensar e ir colocando o plástico.







Xa sabemos da boa disposición de Antonio, o noso conserxe. Pois detrás da maquinaria, estaban os dous xa man á obra. Comezando, planificando como ían facer, para cando chegaran os máis.









Primeiro, colócanse os plásticos das portas e logo o plástico longo que cubre o invernadoiro.


 Ah, que xa chegou o momento de poñer o plástico grande?


 Pois sí, a cousa pintaba ben, pero...


Non ía ser tan doado...algunha dificultade sempre se atopa... Erro? De que falamos?...pois , medindo, medindo...


Resulta que faltaban 8 metros de plástico! Como podía ser? Nós encargámolo ben! Pero, entón? O que trouxemos será realmente o noso plástico ou, ser querer, trouxemos o plástico pertencente a outro invernadoiro? Erraron os encargados de cortar o plástico encargado?

Vaia, parece que ainda non pode ser desta volta!

Poderemos chegar a plantar algo deste xeito? O alumnado xa está algo nervoso. Normal, quere pasar á acción! Levan tempo co tema das plantas, teñen as botas preparadas e teñen moita gana, que iso é o principal!

Que plantamos? Non nos imos quedar nós plantados!