martes, 5 de maio de 2015

A POLA ETIQUETA ECO! ECO- HORTO ESCOLAR!

Pois sí,
Este ano foi o arranque de motores, o arranque do horto.
Ainda non estabamos nin estamos moi duchos na agricultura e no cultivo tradicional . Tivemos sorte que as cousiñas foron medrando sen problemas, na terra. Non o fixemos nada mal para sermos novatos e novatas do sacho e da terriña.
Agora ,parece que os bichiños correron a voz de que no noso horto hai cousiñas ricas... e xa empezamos a ter algo de problema porque vemos que caracois, babosas e outra bichería queren aproveitarse dos cultivos da nosa horta.

Ainda que os nosos maiores non o crean, debemos convencelos de que hai medios orgánicos e máis naturais para combatir plagas. Tamén hai medios orgánicos para abonar os cultivos.

A tarefa pendiente:

  • Mellorar a composteira caseira logo das indicacións de Clara.
  • Fabricar unha vermicomposteira de moi baixo custo, con materiais recicables (Video de La Huertina De Toni) Uns videos que ninguén se debería perder. Sobre horta ecolóxica.No Youtube!
  • Probar a facer humus de miñoca, xa que andamos sobrados delas, nesta terra...
  • Probar tamén métodos caseiros para combatir os caracois con cervexa , con Purín de ortiga e outros remedios aprendidos de Toni.
Compost, humus, esterco, métodos caseiros...todo iso temos que poñer a proba!
Máis san e máis natural, ademais de respetuoso co Medio Ambiente.Se queremos que o noso horto sexa cada vez máis ecolóxico, claro!

Melloramos en sabor, aroma e saúde.
Convenceremos aos nosos maiores de que é máis rentable e sostible!
Extenderemos a práctica dun horto ecolóxico ás nosas casas, as nosas familias e ás nosas hortas particulares.
Gañamos todos e todas. Disfrutamos e aprendemos, en familia, e colaborando as distintas xeracións.
Aprendendo os pequenos dos grandes e tamén os grandes dos pequenos. Colaborando moi estreitamente coa escola e coa vida real máis alá dos libros.
Saboreando, disfrutando...
Sementando ideas para recoller futuro. Nesas estamos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario