mércores, 6 de maio de 2015

AGRADECEMENTOS!

A VOZNATURA, desde logo, que foi o arranque coa súa convocatoria dirixida aos Proxectos de Horto Escolar Ecolóxico.



A os seus coordinadores e responsables, do Proxecto Voz Natura, a súa páxina e o  Blog maestro , coa posibilidade de facer unha comunidade de escolas con proxecto de Horto!

Grazas pola paciencia demostrada ante as nosas dificultades, atrasos e atrancos!


Grazas ao financiamento económico, que foi fundamental para cubrir as prioridades e dar o primeiro empuxe para empezar. Non poderiamos facer fronte aos gastos dos Plásticos do Invernadoiro e ás grapas de inox. O xusto para comezar!

FUNDACIÓN ALCOA E FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LA TORRE.




 Grazas a CLARA, Super-Clara,! a nosa científica favorita que cada venres a partir de Xaneiro  e de modo desinteresado e voluntario nos iluminou no camiño de poñer en marcha o noso horto, dentro e fóra do invernadoiro! Sen a súa inestimable axuda...non sería posible!


Á udc-Bigbang, por querer divulgar a Ciencia entre escolares, da cidade, da vila e tamén da aldea!


Grazas á familia de Clara Pardiño por enriquecer o noso Proxecto, sempre apoiando. O agasallo do semilleiro, sabiduría, terra e  algunhas sementes para comezar...


Grazas ao ofrecemento ,  disposición e á colaboración directa das familias do noso cole, en especial á familia Casas Sánchez : Pepe, Reyes e Hugo.
Arar, fresar, poñer os plásticos e guiarnos con bos consellos e experiencia!


A mesma disposición e colaboración moi activa do  noso conserxe Antonio Díaz, sempre disposto, arrimando o ombreiro, sachando, regando,sempre atento....Foi o que primeiro colleu o sacho e sen dubidar deu o primeiro paso para quitar os plásticos rotos do vello invernadoiro.


Ao Agricentro Da Costa, polas xestións, o trato  e o agasallo de algunhas sementes e plantiñas de amorodos.



Aos grupos de alumnado protagonistas ( Cenorias de 3º curso e  Berzas e Patatos de 4º)  e ás súas mestras e mestres, que os acompañaron no proceso, cederon clases e cederon o seu  tempo implicánonse no Proxecto dentro e fóra das súas aulas. 
Ana Blanco, Luís, Rebeca, ConchitaErmi...






Grazas tamén ao demáis alumnado e a outros mestres que, ainda que non foran protagonistas directos uníronse ao Proxecto nas súas aulas e participaron con achegas, animáronnos a seguir , a continuar para os cursos vindeiros. Tamén aprenderon e escoitaron a Voz da Natura e da terra. Diso se trataba,non?

Grazas aos que anos antes o fixeron, aqueles que levantaron a estructura do invernadoiro e dedicaron tempo á horta e aos Proxectos VozNatura: Plantas aromáticas, plantacións de árbores...
Conserxes Luis e Juan, mestras Lola , Libia, Laura, e demáis. Grazas aos mestres que o viviron e puideron falar do pasado, facilitaron documentos, planos e proxectos antes feitos. Iso foi unha moi grande axuda para arrancar de novo desde as súas pegadas!

Á Comunidade Educativa en xeral, familias, cociñeiras e todas as persoas que dunha maneira ou outra axudaron a facer posible este fermoso Proxecto.


A toda  a  xente que fixo posible un  blog cada vez máis visitado,  que nos seguiron e  que deixaron os seus alentadores e importantes comentarios. Grazas á familia de Yago Cerdeira!

Grazas a todos e todas, de corazón! Por sementar ideas para recoller futuros. Futuros verdes, de esperanza e cada vez máis ecolóxicos!

A coordinadora do Proxecto, a mesma que escribe, a mestra Ermi Orol...está eternamente agradecida e moi orgullosa  deste Proxecto que xerminou e xermolou ata empezar a ver moitos froitos no presente e no futuro.

 Con vontade e dedicación, ainda non tendo moita idea previa de Horto nin de uso de blogs, pódese sementar, facer sementeira...para logo transplantar e ter un proveitoso futuro, rico de cultivos variados. Aprendizaxes significativas dentro e fóra da clase e no día a día das nosas vidas!

Sentindo e aprendendo con todos e cada un de  vós! Iso sí que é un bo comezo!
É... o noso Proxecto!
GRAZAS!

1 comentario:

  1. GRAZAS Á TODA A COMUNIDADE DO CENTRO SANTA RITA. Pola experiencia tan gratificante e enriquecedora que viviron os nosos fillos. O mellor premio foi poder facer este traballo con vós. A frase de Ermi o resume todo: "Gañamos todos e todas".
    Grazas Clara por sementar e recoller con nosos peques.
    Grazas especialmente Ermi, por mostrarnos o proxecto neste maravilloso blog.
    ¡¡¡NORABOA !!!

    ResponderEliminar