sábado, 7 de marzo de 2015

DA GUSTO VER O NOVO INVERNADOIRO!


Arranxado o problema dos plásticos escasos...chegaron os plásticos novos e moita actividade para a nosa xente !

No gasto dos  plásticos e as grapas de inox foisenos  practicamente a totalidade do orzamento aprobado para o noso  Proxecto. Foi un gasto importante pero...unha boa inversión que redundará en moitísimos beneficios e en moita aprendizaxe.

Os grupos de alumnado protagonistas do Proxecto Voz Natura, nesta edición quixeron colaborar para colocar e tensar os plásticos. Ese día foi unha festa...e ademais o bo tempo axudou a facer máis doadas as tarefas.

Unha vez máis Pepe Casas e Antonio Díaz dirixían a actividade do pelotón de xoves axudantes.






O grupo de 3º curso de Primaria  axudou a estirar os plásticos tanto por atrás como por diante!
A curiosidade levounos  aos palés preparados para a compostaxe caseira.








Ferramenta nas máns e disposición de traballar!

Logo de estirar os plásticos é necesario tensalos e tensalos ben!
Para que? Pois para que non se destensen e se rompan co mal tempo e para que realicen ben a súa función.
A esta tarefa axudaron os grupos de 4º curso de Primaria, implicadísimos.

Tensando pola parte de atrás, dividindo por partes e colocando os largueiros.




Dennís pregunta e está  moi atento ás indicacións de Pepe para poder transmitirlle aos compañeiros.
O quinto da fila de tensadores é Hugo Casas, o fillo de Pepe!Estamos en familia!

Para seguir tensando por baixo necesitamos cavar para colocar ben e doblado o plástico. Logo tamén necesitamos  de terra para poñerlle peso...
Nico non dubidou en coller o sacho!





Tamén se animaron Diana, Miguel e máis  compañeiros, pois Nico  pediu reforzos.



Coa pala,collendo terra para logo botala enriba do plástico e a seguir tensando! Roque e Gabriel danlle xeito, verdade?




Antonio e Anxo unindo esforzos!


Reflexionando sobre o compost. Mauro explica.

A xornada  foi longa, da mañá á noite pero...o traballo quedou feito! Lucen os plásticos novos do invernadoiro. 

Moitísimas grazas a Pepe Casas e a Antonio, que dirixiron  toda a operación! Polo seu tempo, o seu  traballo, a súa dedicación e paciencia cos rapaces e rapazas. 

Que ainda non rematou a faena? Que volve ao día seguinte coa súa propia maquinaria?
Claro, ainda hai traballo que facer...preparar o terreo! Arar e fresar... outra longa xornada, non si?

Ningún comentario:

Publicar un comentario