sábado, 3 de xaneiro de 2015

MAIS ARTE, MÁIS ECOLOXÍA. LIBROS E ENLACES SOBRE RECICLAXE.


Algúns libros que nos gustaron e cos que traballamos nas clases...



Destacamos o poema e canción Ecoloxista incluido no libro disco Toc Toc, de Pablo Díaz.


ECOLOXISTA

De maior quero ser ecoloxista,
e teño unha lista de cousas por facer.

Limpar as rías que están contaminadas,
limpar os ríos que están moito peor,
limpar os montes para que non haxa incendios,
o medio ambiente estará moito mellor.

De maior quero ser ecoloxista,
e teño unha lista de cousas por facer.

Reciclaremos e utilizaremos,
hai moitas cousas que podemos facer:
aforrar auga, electricidade,
pois non queremos máis contaminación.

De maior quero ser ecoloxista,
e teño unha lista de cousas para facer.


Ainda que...por que esperar a ser maior? O mundo non pode esperar, precisa de ecoloxistas , de pequenos ecoloxistas!




Co libro das Manualidades Ecolóxicas do Equipo Susaeta, non só aprendemos a facer manualidades respectuosas co medio ambiente. Consultamos o seu Dicionario ecolóxico e reflexionamos sobre eses conceptos importantes. Se queremos ser ecoloxistas...temos que ter os conceptos claros, non si?
Esos termos difíciles pero que convén comprender!

E como nos gusta moito o arte e as argalladas, tamén os xoguetes...





pois...xoguetes e argalladas para todo o ano!

Xosé López González e José M. García Fernández como autores. A editorial é Ouvirmos.

Descubrimos estes fermosos cadernos que nos amosan, unha vez máis, como con materiais naturais podemos crear xoguetes e verdadeiras artistadas!


 Animaliños de landra, bonecas coa follaxe do millo ou...
quen sabe, igual argallamos o gorro de follas de castiñeiro
para o Magosto do vindeiro curso!

Ao final do caderno, un consello formidable para aprendices de artistas ecoloxistas!


Pois iso,atrevémonos a facer  deseños ecolóxicos, arte sostible  con recursos naturais que ofrece o entorno. Segunda vida ou alongamento da vida de materiais.


Seguindo co tema da reciclaxe... e o eco ecoloxismo.
Algunhas páxinas para navegar, ou mergullarse...



Enlace a ECOEMBES

A organización que coida do medio ambiente a través da reciclaxe e o ecodeseño dos envases en España, desde 1998.


Dentro de Ecoembes. Sobre separación e reciclaxe de envases, Medio Ambiente, enerxías renovables, novos productos ecolóxicos.
Actividades e materiais para mestres, para traballar nas clases.

Enlace a AMARILLO, VERDE Y AZUL


Os profes contan, ese e o lema do concurso de relatos organizado por Ecoembes.


O prazo remata o 29 de xaneiro. Trátase de escribir un relato (400-800 palabras) e acompañalo de obra plástica dos alumnos.

Enlace ás bases e a toda a información LOS PROFES CUENTAN

Participemos ou non, se queremos ser ecoloxistas e coidar o Medio Ambiente...aquí temos recursos e informacións valiosas que nos poden axudar moito na conciencia colectiva e na nosa responsabilidade de educar. Non si?


Ningún comentario:

Publicar un comentario