luns, 9 de marzo de 2015

PLANTACIÓNS VIRTUAIS. PLANTACIÓN NAS AULAS.

Mentres non tiñamos arranxado o preparamento da terra física, para plantar na horta, non nos quedamos de brazos cruzados...

NAS AULAS traballamos a reo!

Xa sensibilizados co Medio Ambiente,  reflexionamos sobre alimentación, os estilos de vida e os hábitos sobre a compra, os productos e a alimentación. Sobre o comedor e o menú saudable na escola. Sobre a importancia das plantas e dos hortos ecolóxicos!

Coa charla e a visita ao Eroski ,aprendimos a importancia que teñen os productos locais e de temporada.. Probamos froitas e verduras cos ollos cerrados. Ainda nos entrou mais interese no tema.

E nós, poderiamos plantar os nosos productos locais , e de xeito ecolóxico? Necesitariamos de coñecementos teóricos e prácticos de cal é o funcionamento das plantas, o ciclo dos cultivos, como se fai, como organizarse, as diferencias entre plantar no invernadoiro e plantar fóra, da plantación directa e indirecta en semilleiros,...

Necesitamos da axuda das nosas familias, da súa experiencia e tamén da experiencia dos expertos do noso entorno. Información e  formación: preguntarlle a quen sabe.

CLARA PARDIÑO, estudiante do último curso de Bioloxía na Facultade de Ciencias da Coruña e membro de UCD Bigbang, ofreceuse a darnos uns obradoiros moi prácticos sobre o cultivo, as plantas, a horta,e sobre o que nós quixéramos ou necesitáramos saber para desenvolver o noso Proxecto.

Clara ofreceuse a facer estes obradoiros posto que un dos intereses máis importantes para ela é que os nenos e nenas coñezan a Ciencia, que vexan que pode ser divertida á par que interesante.Desde o seu entorno próximo, sabendo e apreciando o que os rodea.

Por que en Galdo? Preguntámoslle á propia Clara. Ela responde que ademáis da achega familiar, o colexio  ofrece oportunidade á xente de facer obradoiros  e é moi aberto a novas formas de aprender , de coñecer, de ver as cousas máis alá do libro de texto.

Pois, Benvida a Clara! A nosa científica favorita!

Desde xaneiro, moitas tardes dos venres foron tardes interesantísimas de Obradoiros con Clara. 
Mostraremos o desenvolvemento dos obradoiros nas seguintes entradas do Blog. Xa existe, no noso blog unha etiqueta específica chamada CLARA, onde poderemos levar conta dos Obradoiros, dende o primeiro, Cultivo teórico ata o Cultivo práctico! Da aula á horta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario