luns, 9 de marzo de 2015

MEDRA PARA ARRIBA E TAMÉN PARA ABAIXO. OBRADOIRO I

Sementamos algo máis que ideas! CLARA PARDIÑO, a nosa científica!

Mentres tiñan lugar as tarefas de preparación do invernadoiro e da terra…, os venres de xaneiro pola tarde, na sala de Usos Múltiples do noso centro , comezaron os obradoiros de Clara Pardiño, dirixidos sobre todo aos protagonistas do noso Proxecto Voz Natura 2014/2015 Invernadoiro e Horto Ecolóxico.

Na entrada anterior presentábamos a Clara Pardiño,estudiante do último curso de Bioloxía na Facultade de Ciencias da Educación, en Coruña. Membro do UDC Big Bang.


UDC Big Bang é un grupo de divulgación científica formado por alumnos e algúns profesores de Ciencias da  Universidade da Coruña. 
Divulgación científica non só para adultos, senón que tamén se quere dirixir á poboación máis nova, aos colexios. 

Como Clara Pardiño é natural de Ourol, quixo trasladar a idea inicial de obradoiros de ciencia nos colexios da Coruña a obradoiros de ciencia dun colexio da súa zona. Elixiu Galdo para comezar con un Proxecto moi adaptado ás necesidades dunha poboación nova e moi familiar.


Coa súa bata blanca, Clara comezou o  ciclo de obradoiros. Tema: O cultivo, para entender mellor todo o ciclo das plantas, activando coñecementos previos e conectando co aprendido nas clases de Coñecemento do Medio. Preparándonos para manexar o noso desexado horto escolar e invernadoiro. Deixando claras as ideas e sementando para recoller un bo futuro.

PRIMEIRA SESIÓN. MEDRA PARA ARRIBA E TAMÉN PARA ABAIXO.

Apoiándose nunha curta pero moi clara presentación, Clara achegounos ao mundo das prantas e o seu cultivo dun xeito un pouco diferente ao tradicional. Centrámonos primeiro nas sementes, tan diferentes segundo o froito, e descubrimos algunas curiosidades...




As castañas son sementes, e os ourizos son os froitos!


Fórmula STC:r sementar, transplantar e colleitar


Logo do repaso por distintas sementes… Clara  explicou á xove audiencia o proceso de plantación . Sabía da boa disposición dos rapaces e rapazas para plantar, así que lles mostrou cómo facelo, implicándoos na práctica que ían realizar logo da explicación.
A pregunta sería… Como imos prantar? 


Plantación indirecta: oveiras como semilleiro e plantación directa, na terra.


E agora, sol e auguiña para completar a plantación!



Calendario de cultivos. Que plantar e cando.



Apio? 

 Mostra de sobres das sementes ( Cebola vermella, cenoria, ravos, apio e leituga, leituga red, menta, albafaca e ourego).

Porque imos plantar esas sementes e non outras? Calendario de plantación e sementes escollidas para poder observar o seu crecemento!


No noso caso, e tendo en conta que o invernadoiro ainda non estaba listo de todo, empregamos un semilleiro.

O SEMILLEIRO. Agasallo de Ramón Pardiño e o ex-alumno Adrián Villar.

Centramos  atención  nunha curiosísima e espectacular construción de madeira, coma unha mesa de traballo. O semilleiro!

Este contra cunha zona central e dúas zonas laterais. A zona central, con suelo de cristal é onde sementamos aquelas prantas que non necesitan transplante. As  dúas zonas laterais con oveiras, zona  para a xerminación do que pronto será o nos xardín aromático, así como a base das nosas ensaladas.

Distribución do traballo coas sementes. Preparando o semilleiro.

 3ºcurso de Primaria, “Cenorias” (nome vexetal do grupo) ocúpase da  sembra directa na zona central do semilleiro, diferenciando zonas de plantación. "_En todos os casos primeiro perlita e despois turba" .

Perlita- É un sustrato inerte. Non ten nutrientes. Garda moi ben a auga. Da sustento ao suelo, coexión.

Turba- É un tipo de suelo, terra que provén do suelo que se orixina nas turbeiras (suelos moi húmidos). Fai que a materia orgánica se descompoña moi amodiño. Ten moitos nutrientes porque ten moita materia orgánica.

Nos Agricentros podemos mercar todo xunto, en saquiños de Turba con perlita!Pero era interesante velo por separado, para aprender!



Momento de botar a perlita na zona central do semilleiro.

Reparan no furadiño do semilleiro e no fondo transparente, para seguir todo o crecemento do cultivo, tamén por abaixo. Para ver medrar as raíces!



Tocando e movendo a perlita



Momento turba


A zona central do semilleiro quedará dividida en catro zonas diferenciadas: cebola vermella, cenorias, apio e ravos.

 4º curso ocúpase da sembra indirecta nas oveiras.Como o grupo de 4º é numeroso, fixéronse dous grupos: “Berzas” e “Patatos”. Preparan as oveiras recortando os cartóns sobrantes . Botan  perlita +turba+semente. Con axuda duns pauiños recollidos fóra e unas cartolinas preparan uns carteliños para indicar  que sementes se plantaron e onde.
Berzas encárgase dun lateral e Patatos das oveiras do outro lateral.


Preparando as oveiras sementeiras con Clara


Perlita + Turba + semente




Aplicando o explicado!


Facendo os carteliños para saber o que sementaron en cada caixiña de ovos.


Pauiños e cartolina nuns letreiros provisionais


Esta primeira sesión remata facendo fincapé na importancia de ser responsables cos cultivos, relevancia de facer un calendario e  un diario de cultivo clariño para cada grupo,para levar rexistro: data, nome da persoa responsable, observacións, si se regou ou non fixo falta e se medrou…canto medrou?....
Deberes para a semana!
Importante que a terra esté húmida. Facémonos cun pulverizador de spray para regar sen  pasarnos coa humidade. Húmido sí, pero non encharcado!

Esperamos que o cultivado por estes rapaces e rapazas logo se poda ver en forma de plantiña e tamén se podan ver…como medran as raíces e a planta para abaixo.




Vaia, parece que a turba quedou un pouco escasa para a zona central. Imos ter que añadirlle máis turba ou turba misturada con terra, para que poidan medrar os nosos cultivos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario