sábado, 7 de marzo de 2015

PREPARARDO O TERREO... ARAR E FRESAR.

Pois...outra boa xornada para deixar a terra preparada, fóra e dentro do invernadoiro.
Arado para arar e fresadora para fresar!
Quedou claro que unha fresadora non é unha máquina de facer Fresas ( amorodos, a froita)!
Moitísima curiosidade cando hai maquinaria e movimento no noso colexio.


 -Uff, non vai a ser doado arar e fresar esta terra!...


A operación empezou co arado na zona de fóra do invernadoiro.



O alumnado de 1º curso de Primaria observan con atención. Isto non pasaba no patio de Infantil!
Encántanlles as máquinas!


Pepe Casas e Antonio Díaz intentando domar a terra co arado. Conseguiremos preparar a zona de fóra para ter un horto curiosiño?Logo poderiamos comparar os cultivos fóra e dentro do invernadoiro! Esa é unha das ideas que queremos sementar no noso Proxecto, para recoller futuro.




Dentro do invernadoiro, preparando a terriña...




 Moito arte para preparar as esquinas!



O grupo de 3º de Primaria, na súa clase de Educación Física, acercáronse a observar a operación!



A que se liou cando, ao remover a terra apareceu un rato...un rato de campo!



Unha fotiño para inmortalizar este momento!


Ningún comentario:

Publicar un comentario