domingo, 26 de abril de 2015

DENTRO DO INVERNADOIRO. COMEZANDO DENDE CERO!

Ese mesmo día do obradoiro dos bichos...así que atopamos as sementes...algúns mestres, quedamos con Clara para ter clariño a plantación horizontal...
Como facer, ben secuenciadiño, para logo poder explicarllo ao noso alumnado.


Cómo fixemos. Preme en "Ler máis" e entérate de como foi todo o proceso, pasiño a pasiño...


PLANTACIÓN HORIZONTAL. SEMENTEIRA NA TERRA DO INVERNADOIRO.
"É moi importante planificar o espazo. Onde imos sementar e qué cultivos sementaremos. Teñen que ser cultivos que se leven ben, e así alternar os que medran para arriba e os que medran para baixo." Aplicamos  o aprendido!
Aproveitamos os sobres de semente que empregamos para a sementeira no semilleiro.



Imos plantar:
Cebola vermella, ainda que poida que sexa algo tarde... Letreiro de cebola/cebolín. Porque primeiro sae o cebolín e se logo trasplantamos o cebolín, teremos máis tarde a cebola. A cebola medra para abaixo así que preto dela...plantaremos algo que medre para arriba e que se leve ben coa cebola, por exemplo leituga. Temos dous tipos diferentes de semente de leituga: leituga verde e leituga red. Dividimos o territorio. Facemos os lindes. Carabullos e fio de algodón para dividir o terreo e saber onde temos sementado. Logo da leituga, toca outro cultivo dos que medre para abaixo. Temos sementes de cenoria e imos intentalo. Unha vez sementada a cenoria, dividimos o espazo que queda para probar a sementar nun lado os raviños que medran rápidamente e do outro apio, a ver que tal se da.




Cebola vermella,








As leitugas, despois de sementalas con moito agarimo...é preciso ir tapando a semente con coidadiño, co enciño.



No medio do proceso, apareceu ela, a protagonista da horta: a miñoca. Sorte que tivemos de vela en pleno proceso de reproducción, coas bolsiñas reproductoras do esperma. Non é doado ver isto! Xusto faláramos disto no Obradoiro dos bichos!


Interesante...


Cenorias, raviños e apio, aplicando o mesmo proceso! Con esta pinta quedou o traballo de hoxe.

Atentas ao proceso:
1. Quitar maiormente a maleza e os felgos para traballar máis comodamente.
2. Sacho. Preparar a terra, remover e airear.Desmenuzar.
3. Enciño. Alisar e quitar nas pedras para preparar o terreo.
4. Co sacho márcase o corredor e os límites do espazo da sementeira.
5. Con carabulliños e fio de algodón márcanse as lindes, o territorio da sementeira. O perímetro.
6. Bótanse na man as sementes do sobre. Espárcense. Hai pequenas diferenzas entre distintas sementes a ter en conta.
7. Co enciño, e con agarimo vanse tapando as sementes. Manexamos o enciño nos dous sentidos para que a semente quede enterrada. Non é necesario moita profundidade, por iso procedemos así.
8. Paso moi importante para que medre a semente: regar. O primeiro rego é en abundancia.

Cebola vermella, Leituga verde e leituga Red, Cenorias, Raviños e Apio. Xa temos que contarlle ao noso alumnado para que sexan eles os protagonistas da nova zona a activar dentro do invernadoiro.

O próximo día...
Na clase explicámoslles que fixemos e porqué. Presentación do Plano ou croquis do invernadoiro.Explicación previa da  importancia de planificar e distribuir o espazo. Cultivos que son acordes ou que se levan ben para medrar. Ollo con poñer xuntos cultivos que necesitan o mesmo tipo de nutrientes para medrar. Cultivo planificado!

Qué imos facer?  Repetir o proceso! Preparar outra zona de terra dentro do invernadoiro, deixando corredor para transitar. Imitar o feito. Como resulta se o fai a xente menuda? Probamos a facer segundo as explicacións dadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario