domingo, 26 de abril de 2015

CLARA. OBRADOIRO IV. NA HORTA TAMÉN HAI BICHOS!

Parece que xa poderiamos empezar a cultivar dentro do Invernadoiro...
un obradoiro teórico máis e xa nos poñemos logo máns na terra! Prometido!

Se a nosa pretensión é levar a cabo un horto ecolóxico, temos que saber que na horta tamén hai bichos que nos poden roer os nosos cultivos. 

Un paxaro que anda a comer as sementes ou...
unha miñoca que remove a terra!


Animaliños, moitos deles invertebrados. Ao falar de animais os primeiros que se nos veñen á cabeza son vertebrados e son mascotas.Pero, non nos podemos esquecer dos invertebrados, dos animaliños cativos pero os que cobran certo protagonismo nas hortas.
Vertebrados e Invertebrados son importantes!

Moitas veces, nas casas de campo, até chegan a plantar terreo para ter comida para os seus animais: millo, colas,...se se teñen galiñas e coellos, ou porcos.
Tamén, combátense plagas, caracois e babosas para que non coman os nosos cultivos. Hai solucións ecolóxicas e caseiras que hai que ter en conta.



Clara, neste obradoiro pretende deixar moi clara a diferencia entre os animais vertebrados e os animais invertebrados. Axudándonos para diferencialos mellor. Como o fixo?
Preparou unha clariña presentación para levar o fío explicativo e acompañou esta  cun especial e artesán material de cartolina: unha columna vertebral con todas as vértebras, un sistema dixestivo, unha corda que represente o cordón nervioso dos invertebrados, tarxetas de diferenciación e clasificación para cada grupo de animais.
Dorsal/Ventral.
Imos ver...





 Samuel representou ao animal vertebrado mentres Ana preparábase para ser invertebrado, miñoca!



 Por diante e por detrás. Dorsal/Ventral. Vertebrados versus invertebrados...


 Sistema dixestivo dos vertebrados...

No outro grupo...





 Víctor fixo de vertebrado e Gabriela de miñoca, invertebrada.


Aclarando as dúbidas que van xurdindo...A serpe que sería...vertebrada ou invertebrada? A serpe ten esqueleto? pregunta Mauro.


Outra dúbida ou curiosidade, a a diferencia entre ovíparo e ovovivíparo.

Parece que deste xeito a mestres e alumnado quedáronsenos  máis clariños os conceptos. Véndoo e reflexionando entre todos.


Relacionando o visto dos bichiños e animaliños coa horta. Falamos das miñocas, das toupas, dos caracois, dos paxaros,...

RESUMO DO OBRADOIRO PARA CADA UN DOS GRUPOS.
Unha persoa do grupo fai de vertebrado e colócaselle a columna. Outra persoa representa a un invertebrado. No caso da terra e a horta, non pode ser outra que A Miñoca.
En grupo vaise explicando as diferencias e colocando as tarxetas segundo proceda vertebrado ou invertebrado. Existen características que pertencen aos dous grupos.
 Proxectada unha presentación moi preparada.

O grupo numeroso de 4º, dividido nos dous grupos de "Berzas" e "Patacos", ao longo da tarde do 27 de febreiro distinguiron vertebrados e invertebrados con Clara, dun xeito moi ameno e moi vistoso. 

Aclaracións de conceptos e de dúbidas que foron xurdindo.

... ovíparos, vivíparos e...ovovivíparos? Que son os ovovivíparos? Agora poderiamos explicalo, non si?

 O  próximo día...
 pasaremos á acción! Coa ferramenta na man sacharemos e encontraremos...miñocas, outros bichos e igual algunha toupiña que outra.

Faremos unha sementeira xa dentro do invernadoiro. A primeira cousa é plantar na terra o que plantamos no semilleiro: cebola vermella, leituga red e leituga común, cenoria, apio e , como non, raviños, dos que medran en días.

O xardín aromático trasladarémolo á plantación vertical, en botellas.
Faremos un croquis do invernadoiro, planificando e organizando o espazo.

Antes de suxerir, hai que sentir...así que toca probalo primeiro aos adultos, aos mestres que queren propoñer a tarefa despois aos nosos rapaces e rapazas.

1 comentario:

  1. Esperoque con estas pequenas pinceladas teñamos claro que, na horta hai animais que representan "os malos da peli", pero que hai outros que son coprotagosnitas xunto coas nosas queridas prantiñas!!!

    ResponderEliminar