mércores, 1 de abril de 2015

CLARA. OBRADOIRO III. IDENTIFICACIÓN DAS PLANTAS. XOGO DAS MAZÁS.

Na primeira sesión da tarde…
4º tamén observa a sementeira e fai unha valoración. Clara revisa os seus rexistros e comenta.
Case chegaron ás mesmas conclusións que o outro grupo:

  • Non é necesario regar todos os días.
  • Non por regar máis van as plantas a medrar mellor. Pódense afogar as sementes.
  • Os ravos e tamén as leitugas non tardaron en sair.
  • É curioso ver por debaixo da sementeira como medraron as raíces.




Queredes saber como se realizou este Obradoiro III. Premede en "Ler máis" e seguide todo o  desenvolvemento desta tarde de aprendizaxes e disfrute.


Traballo co curso de 4º, en grupos separados Berzas e Patacos.

IDENTIFICACIÓN DAS ALGAS COAS GUÍAS. HERBARIO.

Para completar o Herbario. Lembramos que é o mesmo proceso se queremos facer un herbario de terra. Quedámonos co proceso e tamén coa idea. Para o ano poderíamos facer O Noso Herbario se queremos!

 Que necesitamos? Información, guías para que a busca non resulte complicada.Facer unha escolla das guías. Cada guía ven estructurada. Dentro de cada parte temos un montón de imaxes para comparar coa realidade que temos diante de nós e que queremos identificar.

Con que guías imos traballar hoxe?  Guías e libros que trouxo Clara. Algúns dela e outros da Biblioteca da Universidade. 


Que imos facer? Clara explica en que consiste a tarefa práctica de hoxe


 Como imos facer? Abrimos a prensa. Repartimos o traballo en grupos.


Cada grupo, cunha  alga das prensadas e unha guía intentará identificar de qué alga se trata.



En busca da alga prensada! Guía nas mans para poder atopala. Moi atentos á sinxela información do prego, ás caracteristicas da alga en cuestión e ás fotos e informacións que van vendo na Guía.



Comparan o que atopan coa alga que teñen no prego. Serán as mesmas características? Ou haberá que seguir buscando?

Os detalles son moi importantes. Hai que fixarse!
Iste é a mensaxe sobre a que traballamos hoxe. O resumo deste obradoiro. Pero...que axuda temos para ver mellor eses detalles que nos interesan?


LUPA. Mini lupa CONTAFÍOS ,de exploración para saídas. Por algo se chamará así! Se con ela é posible contar os fíos...xa ten que ter un bo aumento! Todos e todas querían probala!





Diego proba o aumento coa letra do xornal...


Axudando a fixarse nos detalles que poden identificar ...


Co seguinte grupo de 4º, o mesmo proceso.

Que imos facer e como? O Contafíos e os detalles


Os rapaces e rapazas baixaron cos estoxos...Terán que escribir ou tomar apuntamentos?





 Polo momento...á busca da alga...



Houbo resultados! Atopámolas! Pois...daremos un pasiño máis e anotamos o nome común e o nome científico nas tarxetas laranxas do herbario.







Coa alga que nos faltaba de identificar e atopar o seu nome.Fixándose nos detalles...e comentando dúbidas e dificultades atopadas na busca.

Xa teñen nomes as nosas algas? Agora que?


Na segunda sesión da tarde, máis tempo para os Cenorias de 3º
Primeiro completaron o traballo iniciado polos compañeiros e compañeiras  de 4º. Cubriron as fichas do herbario coa descripción das algas que foron identificadas nas guías por 4º.


 Iremos redactando entre todos pero ten que haber alguén que se encargue de escribir, con boa letra!


 Clara preséntalles as algas xa identificadas, o Contafíos e a primeira tarxeta á que só lle falta un dato importantísimo: A descripción. Clara insiste na mensaxe resumo do obradoiro de hoxe: A importancia dos detalles. 


 Iago proba a  Contafíos...na súa propia man!


 Observan ben cómo é a alga que teñen entre mans, tipo, características,textura...


Esta vez é Alberto o secretario, esforzándose en facer moi boa letra e sen cometer erros ortográficos. Que se poda ler ben, que para iso é!


 Outra alga e novo secretario: Rodrigo. Axuda e revisa a mestra Ana Blanco.


 E...só queda unha alga para describir! Será a máis difícil? Entre todos imos pensando e engadindo cousiñas...


 Axuda dun debuxo para explicar novos conceptos que van aparecendo...e deben quedar reflexados.


Desta volta escribe Alejandro.

Xenial! Rematamos esta tarefa. De seguro que montaremos un bo herbario mariño. O Noso primeiro herbario seguindo o proceso científico! 
Agora a descansar un pouquiño da escritura e...

XOGO DAS MAZÁS DE CORES. Xogo de mesa e de grupo.

Este obradoiro finalizou coa realización dun interesante xogo de mesa. Emulando a un Trivial, Clara trouxo preparado un taboleiro e unas fichas coa finalidade de repasar e afianzar coñecementos vistos ata agora sobre os cultivos. Diferentes tipos de pregunta segundo a cor da mazá. Trátase de conseguir as mazás no lugar de queixiños de cada cor. Hai que conseguir as 4 mazás diferentes., os catro grupos .Xogo de Equipo. Para aprender a traballar mellor en equipo e deportividade no xogo con outros equipos.



 Movendo ficha neste singular taboleiro de xogo.

 Atención, pregunta! Escoitamos, pensamos, comentamos co noso grupo e deixamos que fale ou faga a portavoz ou o portavoz.


 Consultando co Equipo...

 Fala a portavoz.


 Emoción!

Preguntas verdes, amarelas, vermellas ou azuis. As cores do xogo do Parchís! Cada cor é un tipo distinto de pregunta: verdadeiro ou falso, escolla múltiple, definición... Todas as preguntas teñen que ver cos obradoiros e todo o visto ata o de agora, sobre o cultivo e a xerminación. Repaso e afianzamento das aprendizaxes. Parece que os obradoiros están dando moi bo resultado. Os rapaces e rapazas saben moitas cousiñas...

Quen gañou? Gañamos todos! Posto que nos divertimos, repasamos, practicamos  traballar en grupos e a deportividade no xogo, entre os grupos.


Implicadísimos. Reflexión sobre o aprendido.
O Xogo foi un agasallo de Clara para o cole, para xogar na clase e como recordatorio do aprendido.

Grazas, Clara! Faremos un bo uso do xogo e melloraremos no traballo en equipos!

2 comentarios:

  1. Moitísimas grazas a Clara. Vai deixar un moi bo recordo nos nosos peques. Sempre están na casa falando de ela e das cousas que descubren con ela.
    Eso sí,veñen os venres " limpiños" de todo. Da gusto velos.

    ResponderEliminar
  2. Están sentindo....a chamada da terra! Isto que aprenden deste xeito...é aprendizaxe para sempre! Clara, que todo o aclara!

    ResponderEliminar