martes, 30 de decembro de 2014

SOBRE ARTE E RECICLAXE

Dende a materia de Artística valórase moito as propostas e creacións moi vencelladas á Natureza. Non fan falta materiais moi modernos e custosos para facer unhas boas artistadas!

Un dos criterios de valoración en Artística, ten que ver co respecto ao Medioambiente, o aforro e a reciclaxe e reutilización de materiais nos procesos creativos.

O cartón, máis fino ou máis largo pode estar...nos envases de productos de alimentación que temos pola casa!Os envases de plástico duro, tamén poder ser  moi aproveitables, trociños de tea ou de papel de agasallo... E...papel de Xornal, que nos serve, entre outras cousas para poñer sobre a mesa cando sexa hora de "pringarnos". Ímos facéndonos con algo deste material reutilizable!

Con elementos naturais que atopamos nas nosas casas ou na nosa contorna podemos crear, reutilizar e dar novos significados, ofrecendo respecto e tributo á Natureza e ao Medioambiente.

En tempo de Outono...que cousiñas cucas podemos facer coas follas caídas das árbores?

Algunhas das  propostas do alumnado de Infantil ...Follaxe animal, orientados pola mestra Pilar.




O alumnado de 6º curso remexeu pola casa, entre legumes, pastas e demáis para ofrecer unha imaxe do Outono con texturas...



Seguimos?


O alumnado de 5º curso xuntou moitos cartóns de leite, papel de xornal, follas de Castiñeiro e moitas e moi distintas follas de Eucalipto.
Aproveitaron a pasear e observar de preto a beleza da Natureza...antes de entrar nos días máis cortos, nos que escurece moi axiña.

Para que queren todo iso?



Pois, para argallar un cesto para a festa do Magosto! Se os de sexto fan os gorros, quinto fai os canastos!




Queredes saber como se fixeron?

Pois, teredes que esperar a próxima entrega, onde eles mesmos, os artistas, nos dan a receita!

Onde están as follas de eucalipto?...


ARTE E RECICLAXE II

Quedamos en dar a receita e explicar o proceso de cómo se fixeron os canastos e os gorros a xogo e en rebelar onde están as follas de eucalipto.

1ª tarefa: reunir os materiais necesarios. Dar un bo paseo para facerse con:


  • Follas de EUCALIPTO . Ben seleccionadas, ben distintas, de cores diferentes.
  • Follas de CASTIÑEIRO. Medianas ou grandes e ben feitiñas, enteiras.
Pola casa:
  • CARTÓNS de leite ou zume. Baleiros e ben lavadiños, sen restos orgánicos que dian malos olores. Os tapóns dos cartóns xuntaranse para o recipiente dos tapóns.
  • Papel de xornal.
Outros materiais que utilizaremos:

Papel de estraza ou continuo, trapiño verde escuro, pinceis, botes de iogures reciclados.
Alkil

Elaboración:
Cando toca hora de plástica, despexamos as mesas e cubrímolas con papel de xornal.
Coa axuda das tesoiras cortamos en cadradiños as follas de eucalipto de distintas cores. Cadradiños moi feitiños que iremos poñendo nunhas bandexas de poliuretano (das do super). Os rabechos ou follas retorcidas descartámolas. Só cadradiños ben cortadiños.

Unha vez que temos unhas boas bandexas de cadradiños de folla de eucalipto... Cortamos papel continuo, trozos de 40x40 para que o aproveitamento sexa o máximo. Envolvemos cada cartón de leite como se fose un regalo. Logo medimos e facemos unha marca para ir cortando á metade o cartón por tres partes, deixando unido por unha.
Doblamos e pegamos as dúas caras de tal xeito que quede un canasto con dúas partes.
Chegou o momento de pegar os cadradiños de folla de eucalipto a xeito de mosaico. Empezamos pola parte que vai a quedar por baixo e logo seguimos cos laterais.
Repartimos un pouquichiño de alkil en tarros reciclados de iogures, para compartir entre dous.
Temos moito coidado en limpar ben os pinceis de cada uso, e recoller todo. Os papeis de xornal válenos de mantel para varias ocasións...
Deixamos secar.
Cortamos trapiño. Facemos dous buratos nos laterais coa axuda da punta da tixeira. Metemos trapiño e anodamos. O trapiño é moi cómodo e elástico, xusto o que precisamos para ese día.
Un canasto cómodo, dous apartados: para castañas e para cascas.

Non fomos os únicos que reutilizamos e reciclamos:
Infantil, recipientes con botellas de plástico e gorros con papel de xornal. Primeiro e segundo, canastos de brik de leite e gorros de papel de xornal.

O entorno proporciónanos moitos recursos que podemos utilizar e  transformar. Respetuosos co medio ambiente. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario