martes, 30 de decembro de 2014

SAÍDA AOS COGUMELOS

Para a saída ás setas contamos coa dirección do micólogo Jose Juan, alias JJ.
Antes de saír, tivemos unha charla sobre os cogumelos. Que son? Como son? Qué cogumelos son comestibles e con cales temos que ter moita atención! Como recoñecemos os cogomelos que podemos coller e cales poden resultar sospeitosos...




Un ameno JJ, entre charla, presentación e pequenos videos, adentrounos no Reino dos Fungos, no terceiro reino de seres vivos que estudamos na clase de Naturales.
Tamén nos falou das boas prácticas á hora de recoller cogomelos.

Agora sabemos que os cogomelos non se arrancan, córtanse con coidado. Pois se arrancamos é coma se arrancasemos unha maciñeira por querer coller unha mazá!


Ben, entón xa estamos preparados con botas, cestos e tesoiras. A cita era no monte do Xixto, no Concello de Ourol. Ao autobús!



Cos eólicos moi preto, comezamos a nosa andaina polo monte.Un consello do experto...

Ollo coas setas picantonas!

Segundo a climatoloxía que tivemos este Outono, e por esa zona imos atopar moitas desas setas. Pois,..non as collemos posto que ainda que non son venenosas son intragables de tanto picante como conteñen.

Organizados por grupos e sempre acompañados dalgún adulto...buscamos preto dos troncos dos piñeiros...








 
                       



Logo da recolleita, toca xuntar as cestas e facer reconto...



Seguimos aprendendo con JJ, sobre os cogomelos que collimos, seleccionando...

Descartáronse unha boa morea de cogomelos, deixámolos na terra, como abono orgánico.
Os cogomelos que valen para cociñar xuntámolos nunha das cestas.


De volta ao autobús e de volta ao colexio.
Non é que colleramos moitos cogumelos pero...pasámolo moi ben e aprendemos moito!

Polo camiño ...atopamos o que foi...a merenda do lobo! Ósos e plumas...non hai máis  pegada do animal engulido!


Chegamos ao cole cansadiños pero moi contentos.

Hugo corre cos cogumelos para ver se as cociñeiras...nos botan unha man cunha boa receita!


Mmmm...meñam, meñam meñam,...pensamos cos ollos cerrados, imaxinando os cogumelos do plato á boca!

Ningún comentario:

Publicar un comentario