luns, 29 de decembro de 2014

A COMPOSTAXE

Pois... foi no blog maestro de Voznatura e nos diversos enlaces onde nos documentamos sobre a compostaxe. No primeiro proxecto que fixemos, na lista de gastos figuraba traer unha composteira... o orzamento aprobado fíxonos deixar a idea da  compostadora en segundo lugar...Pero...
Así que vimos a compostadora caseira con palés, nun artigo do blog, tivemos unha idea...
Pedímoslle a Ramón Hermida (propietario dunha  Planta de reciclaxe en Magazos, preto do colexio), uns cinco palés de madeira igualiños.

Montamos a nosa compostadora xunto do invernadoiro.


Que sabemos da compostaxe?

Nas clases estudamos as propostas de ADEGa e VOZNATURA.

O QUE SACAMOS EN CLARO...

Qué é a compostaxe?


A compostaxe é a transformación da materia orgánica en abono natural (compost).
É unha alternativa aos fertilizantes químicos.

Consiste na descomposición da materia orgánica por parte de microorganismos (miñocas, insectos..) do solo.
No compostador, imitando o proceso que ocorre na natureza cando as follas, pólas, herbas e restos de animais se descompoñen ao incorporarse ao solo e se transforman en humus, que as plantas poden asimilar.

A ventaxa do compostador- ter controladas as condicións ambientais (humidade, temperatura...) Require un mantemento.

Qué se pode compostar?

Da casa, do Comedor:
Restos de froita e verdura crúa, cocida ou asada.
Cáscaras de ovos machacadas.
Arrroces e pastas cocidas.
Iogures e zumes azucrados.
Pan.
Posos e filtros do café.
Restos e bolsiñas de infusións (sen as grampas)
Restos de papeis e cartóns sen tinta!

Do Xardín:
Restos da poda. Triturados.
Herbas, follas,
Froita, caída
Restos da colleita da horta
Serrín, virutas da madeira,
Palla,

COIDADO!

Non engadir ningún material non orgánico e non biodegradable (plásticos, vidrio, cabichas do tabaco...) Tampouco carne, peixe ou ósos ( de orixe animal ou vexetal).
Non engadir herbas sen sementes.
Coidado con restos de cociña sen graxas.
NON aos escrementos de can ou gato.
SÍ, escrementos de herbíboros: cabalo, vaca, pito ou coello.

COMO FABRICAR O NOSO COMPOST?

Primeiro, hai que elixir a ubicación do noso compostador.Un terreo sen pendente preferiblemente. Que no inverno estexa ao sol e no verán á sombra.

Qué materiais engadimos ao compostador?

Materiais frescos e húmidos: restos de basura orgánica , follas verdes, céspede, herba,...
Follas secas, que impide que a mistura se apelmace e manteñen a circulación do aire do compostador.

Follas secas, pólas, palla, serrín , papel e cartón.

Importa o control da humidade! E o  control da temperatura do interior.

Imos experimentar con esta experiencia de compostaxe do máis caseiro!

1 comentario: