Mentres, planos do invernadoiro na man, consultando e tendo en conta o plástico que se quitou, encargamos o novo plástico.
Algúns pais ofrecéronse voluntarios para, en canto chegara o plástico encargado, poñelo e tensalo.
O plástico, ao fin, chegou e...como nunca choveu que non escampara...logo de pospoñelo en dúas ocasión, un martes de mañá..
A maquinaria de Pepe Casas, o pai de Hugo Casas de 4º apareceu no recinto do colexio e atrás, dobradiño viña o plástico.
Pepe Casas dirixe a operación pero necesita man de obra forte , un equipo para tensar e ir colocando o plástico.
Xa sabemos da boa disposición de Antonio, o noso conserxe. Pois detrás da maquinaria, estaban os dous xa man á obra. Comezando, planificando como ían facer, para cando chegaran os máis.
Non ía ser tan doado...algunha dificultade sempre se atopa... Erro? De que falamos?...pois , medindo, medindo...
Resulta que faltaban 8 metros de plástico! Como podía ser? Nós encargámolo ben! Pero, entón? O que trouxemos será realmente o noso plástico ou, ser querer, trouxemos o plástico pertencente a outro invernadoiro? Erraron os encargados de cortar o plástico encargado?
Vaia, parece que ainda non pode ser desta volta!
Poderemos chegar a plantar algo deste xeito? O alumnado xa está algo nervoso. Normal, quere pasar á acción! Levan tempo co tema das plantas, teñen as botas preparadas e teñen moita gana, que iso é o principal!
Ningún comentario:
Publicar un comentario