luns, 29 de decembro de 2014

MEDRA PARA ARRIBA E TAMÉN MEDRA PARA ABAIXO

Clara Pardiño Orol , estudante do último curso de Bioloxía da Universidade da Coruña, ofreceuse a dar tres obradoiros no colexio de Galdo.

MEDRA PARA ARRIBA PERO TAMÉN MEDRA PARA ABAIXO!

O obxectivo é que os nenos e nenas aprendan dun xeito ameno e práctico as diferentes etapas dun cultivo. Observar os cambios que sofren as plantas dende a plantación á recolección.

1º OBRADOIRO. PLANTACIÓN

Explicación do proceso de xerminación .
Creación dun xerminador con caixas de ovos e plásticos transparentes.
Plantas que se cultivan en Galicia.
Explicación do proceso de xerminación con material audiovisual e propostas interactivas para os nenos e nenas.

2º OBRADOIRO. CAMBIOS

Explicación dos cambios que están a suceder nas plantas. Trasplante para permitir o crecemento das sementes xerminadas.
Das caixas de ovos cara á zona verde. Explantos.

3º OBRADOIRO. RECOLECCIÓN

Recolección. Que os nenos e nenas recoñezan as plantas que sementaron.
Material audiovisual para introducir ao alumnado nos cultivos típicos galegos.
Identificación de diferentes plantas.

Estes obradoiros teñen moi boa pinta, verdade?

Ningún comentario:

Publicar un comentario