domingo, 2 de novembro de 2014

NAS CLASES COAS PLANTAS E CO HORTO...

Mentras os nosos papás e mestres se amañan para colocar os plásticos do invernadoiro, nós traballamos nas clases sobre as plantas, o horto e a ecoloxía. Sabemos do Proxecto e sensibilizámonos co Medio Ambiente. Parece que imos aprender moito. Recolleremos futuro?




 Na páxina de Voz Natura e no seu blog maestro temos moitos recursos para traballar : manuais de hortos ecolóxicos escolares, de compostaxe, de que se traballa co horto escolar, por onde empezar,...

Así nos sensibilizamos e así nos documentamos. Sementamos dende as nosas aulas! E , unha vez informados, pasaremos á acción.

Sementar, sementaremos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario