martes, 5 de maio de 2015

POIS PARECE RENTABLE PLANTAR FÓRA!TEMPO DE HORTAS!

Visto que temos unha boa zona preparada para plantar e logo da plantación das patacas, animámonos a plantar tamén tomates, tomates pera. Transpantamos desde os testos de dentro do invernadoiro onde fixemos a sementeira e puxemos algunha ringleira de plantas fóra!





Para completar, tamén nos animamos a facer sementeira fóra: leitugas e espinacas!





Pois, sí, parece que logo duns días, algo asoma...ou non?




Debe ser a primavera, e a enerxía do sol! A plantar, a cavar e a coidar o futuro alimento que sae de sementar!

OS PLANTADORES DE PATACAS!

Dentro e fóra ...moito pode dar a terra!
Grazas unha vez máis a Pepe Casas , temos tamén preparada unha boa zona fóra , na entrada do invernadoiro. Fresado e listo para plantar.





Grazas, Pepe! Agora non temos excusa para non plantar fóra!

Luís trouxo unhas patacas da semente que quixo plantar co seu alumnado. Aproveitando o esterco acumulado na composteira, fíxose cun grupiño xeitoso de plantadores de patacas.
Queredes ver cómo fixeron? Pois...

RAVIÑOS. MONOGRÁFICO

Xa vimos que os raviños eran uns campións na sementeira. Medraron moi axiña!



Así se convertiron nun dos nosos preferidos cultivos. Tamén motivaron moitas dos nosos ditados e redacións nas aulas: cómo se plantan, usos culinarios,...

Adicamos este espazo ao primeiro dos cultivos que puidemos recoller e...levar á cociña e á boca...
Imos ver o desenvolvemento...

luns, 4 de maio de 2015

SEGUIMOS AVANZANDO DENTRO DO INVERNADOIRO!

Como nos gusta o sacho! E que interesantes son as tardes de horto, sentindo, traballando e aprendendo moito! Con Clara, ainda nos gusta máis o traballo da terra e a Ciencia en xeral.


Onde quedáramos a última xornada de traballo?
A pesares de que a cámara non chegou a rexistralo no seu día, plantouse o cebolín e tamén os repolos. Yago puido seguir o traballiño fóra do período lectivo, mentres seus pais estaban na tutoría, el quedou a acabar o traballo empezado cos compañeiros.




Agora comtempla a plantación!

Este día tamén baixou ao invernadoiro Luis...


Outra tarde na terra. Queredes saber como foi?


AO MESMO TEMPO DOS AMORODOS. NA TERRA DO INVERNADOIRO

O grupo de 4º prepárase para unha tarde de traballo no invernadoiro.


 Tamén observan a sementeira, as dúas zonas de raviños. Nico indica un raviño que xurde fóra da sementeira.


 Parece que o apio comeza a asomar.


 Clara explica o traballo que comezaron os de terceiro e que vai a continuar cuarto, en relación á plantación vertical. E comeza a acción. Queredes saber como foi esa tarde?


HORIZONTAL E VERTICAL. AMORODOS!


Pois sí, fumos mercar unhas plantas de amorodos ao Agricentro, alí encontramos algunha cara coñecida...



Que sorte tivemos, algunhas das plantiñas foron un agasallo do propio Agricentro ao cole de Galdo, pois o dono ten tres netos estudando no noso cole. Grazas, ao avó de Bruno, Rodrigo e Romina!

Día de plantación, día de celebración! Revolución no invernadoiro! 4º e 3º revisan a sementeira, preparan terreo, plantan horizontal e vertical. Plantan os amorodos!


PLANTACIÓN VERTICAL. BOTELLÓN DE CORES NO LATERAL DO INVERNADOIRO...

Ainda que pensado máis para un horto urbano ou para aproveitar máis o espazo, Clara explicounos e axudounos a montar todo un lateral do invernadoiro por módulos de plantación vertical.



O primeiro paso é a busca duns maceteiros, preferiblemente reciclados. Nós eleximos botellas de plástico. Buscamos botellas de plástico duro, como as da auga de Cabreiroá.

A idea era darlle un toque artístico, creativo así que buscamos unha pintura á auga, tendo conta do medioambiente, e pensada para que poideran pintar os rapaces e rapazas. Cor, cor...as cores do Parchís, que veñen a ser as cores do xogo das mazás, agasallo de Clara: amarelo, verde, azul, vermello...e tamén blanco.
Queredes saber como foi todo o proceso de plantación desde a preparación das botellas?